A profesora Margarita Ledo Andión é a encargada de facer a lección maxistral, neste caso titulada "Indicios de desaparición e tres fotografías dende onde o mundo se chama Galicia". Fala da comunicación audiovisual e da profesionalización obrigada no campo de acción desta disciplina para o seu progreso no ámbito da nosa universidade e autonomía en xeral. Destaca a faciliddade coa que citta ás distintas persoas que vertebran o entramado do noso ámbito investigador sobre a comunicación. Sobre tres imaxes, tres fotografías fai unha radiografía política, social e comunicacional de Galicia e das súas xentes. O coro interpreta unha canción tras a lección doutoral.