Alberto Núñez Feijoo, como presidente da Xunta de Galicia, interven en último lugar. Comeza recollendo algunhas das ideas dadas polo premiado o día que recibiu o premio Nobel da Paz. Continúa falando da importancia de Compostela como centro de congregación internacional e intercultural ao longo da historia, sinalandoa incluso como unha das pioneiras neste ámbito. Fala de realidade irreversible ó referirse á Unión Europea. Celebra a unión dun premiado como Mohamed El Baradei e dunha cidade tan europeísta historicamente como Compostela.