• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Acto Académico de Apertura do curso 2015-2016.
  •  »  Intervención de Alfredo Bermúdez de Castro.

Intervención de Alfredo Bermúdez de Castro.

Data de celebración: 11/09/2015
Visto: 3744 veces

Tras a pertinente entrada da comitiva oficial o reitor da USC Juan Viaño Rey fai unha breve presentación do acto e cédelle a palabra a Consuelo Fereiro Regueiro, secretaria xeral da universidade compostelana. A lectura da memoria corre a cargo de Consuelo Ferreiro Regueiro, quen expón todos os datos esenciais do curso académico pasado e sobre os puntos chave do futuro. O profesor Antonio Rigueiro Rodríguez, da Escola Politécnica Superior de Lugo da USC, Repasa o mundo das árbores e dos bosques de Galicia; máis concretamente sobre as árbores e formacións arboreas senlleiras da nosa terra. A través da descrición das súas particularidades e das fotografías que se proxectan mentres se refire a elas fai chegar a información sobre as mesmas ao público asistente. Faise a entrega das Insignias Fonseca aos traballadores da USC que cumpren os requisitos para levar este recoñecemento. Alfredo Bermúdez de Castro, en nome do colectivo de profesores da USC, fai un discurso de agradecemento pola valoración do seu servizo á institución compostelana. E aproveita para alzar unha voz de alarma sobre o futuro da universidade. María Reyes Fernández Zanca fai un breve discurso en nome dos empregados e personal de servizo da USC. O reitor Juan Viaño Rey neste seu segundo discurso de apertura de curso continúa falando sobre as dificultades que afrontan, sobre a austeridade da xestión na que están inmersos e sobre as novas ofertas interdisciplinarias, sobre a eliminación dos pasos burocráticos que ralentizan o bo discorrrer na vida universitaria, e do Campus da Cidadanía, continuación do Campus Vida. Outros temas xurden ao longo do seu discurso, todos relacionados coa evidente transformación da universidade na que nos atopamos. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Bermúdez de Castro, Alfredo
Profesor de Matemáticas aplicadas da USC
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
06/02/2024
[+]
Festividade de San Tomé...
Data Evento:
30/01/2024
[+]
Acto de entrega das Insignias...
Data Evento:
22/01/2024
[+]
Programa ConCiencia 2023. David...
Data Evento:
21/12/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
08/11/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license