O catedrático Rafael Tojo insiste en que os poderes públicos deben de intervenir para unha alimentación máis saudable. Na súa intervención comenta o último informe do Ministerio de Sanidade sobre os hábitos alimentarios. Realiza unha confrontación das dietas Atlántica e Mediaterránea, onde trata os seguintes temas: predominio do consumo de alimentos, esperanza de vida e causas de mortalidade. Finalmente fala sobre o Arco Atlántico, e sinala que un informe do ministerio de Medio Ambiente sitúa a Galicia e o País Vasco como representantes da área Atlántica, e a Cataluña e a Andalucía como representativas da área Mediterránea. E continuando cos productos do mar, destaca que éstos teñen unha composición de ácidos grasos de gran importancia para a saúde, así coma vitaminas e minerais moi importantes para o bo funcionamento do noso organismo, polo que o consumo de pescado no embarazo é fundamental para o feto.