• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Acto de entrega das Insignias Fonseca 2025
  •  »  Acto de entrega das Insignias Fonseca 2025

Acto de entrega das Insignias Fonseca 2025

Data de celebración: 19/12/2025
Visto: 1 vez

Acto de entrega das Insignias Fonseca no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Distinción ás traballadoras e traballadores que teñen prestado servizos á institución universitaria durante máis de 30 anos. “Estes 30 anos de dedicación teñen sido unha peza fundamental para que a Universidade de Santiago sexa hoxe a que é”. Así comezaba o reitor Antonio López a súa intervención no acto de entrega das Insignias Fonseca a 83 traballadoras e traballadores -68 docentes e 15 membros do persoal técnico de xestión e de administración e servizos- con trinta anos de servizo na institución. En nome do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, tomou a palabra José Antonio Pequeño López. “530 anos de tradición deben ir tamén acompañados de modernidade, e así o facemos nesta Universidade, que experimentou un gran cambio nestes últimos trinta anos”, dixo. Este traballador da Oficina de Información Universitaria lembrou como presenciou a construción de novas residencias universitarias “que hoxe conforman un sistema modélico”, novas facultades ou novos centros de investigación, e recoñeceu tamén “o esforzo que todo o persoal dende as súas responsabilidades está facendo para que a sociedade coñeza a fondo a nosa oferta formativa”. Pola súa banda, o profesor de Ciencias da Comunicación Xosé López García interveu en representación do persoal docente e investigador neste acto “que axuda a manter viva unha convivencia saudable e a vida social dunha universidade presencial que é cinco veces centenaria”. López puxo o foco na achega do sector do profesorado á misión da Universidade pública que teñen encomendada. “As universidades aséntanse nun territorio e deben implicarse para actuar como motores dun desenvolvemento sostible vinculado actores locais, empresas e gobernos para un crecemento equilibrado. E iso hai que facelo con equipos humanos motivados e ilusionados para acadar ese obxectivo común”, afirmou.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor, Universidade de Santiago de Compostela
Santiago Iglesias, Diana
Secretaria Xeral da USC, Universidade de Santiago de Compostela
Pequeño López, José Antonio
En nome do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, Universidade de Santiago de Compostela
López García, Xosé
En nome do persoal docente e investigador , Universidade de Santiago de Compostela
Investigamos na USC
Data Evento:
22/01/2026
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
09/01/2026
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
23/10/2025
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
10/06/2025
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
18/06/2025
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license