O reitor aproveitou a súa intervención para lembrar o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, celebración que achegará diversos actos nos vindeiros meses e que servirá para reivindicar “un fito extraordinario na historia da nosa Universidade”, alén de constituír “unha constante fonte de inspiración na procura dunha universidade galega ambiciosa e constantemente actualizada no plano científico, aberta á creatividade e á cultura, en constante diálogo coa sociedade e ao servizo do país que alimenta”. O acto finalizou co Gaudeamus Igitur a cargo do coro da USC e coa procesión de saída.