Actividade desenvolvida no marco do convenio de colaboración, en materia de igualdade de xénero, entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC, a través da Oficina de Igualdade de Xénero. Ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas como referentes nas disciplinas do ámbito CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros, impartidos por investigadoras da USC e do CESGA, dirixidos ao alumnado de centros de educación primaria.