• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Acto Institucional do Día das Letras Galegas 2021. Dna. Xela Arias
  •  »  Acto Institucional do Día das Letras Galegas 2021. Dna. Xela Arias

Acto Institucional do Día das Letras Galegas 2021. Dna. Xela Arias

Data de celebración: 26/05/2021
Visto: 313 veces

O acto institucional co gallo do Día das Letras Galegas 2021 serviu para reivindicar na Universidade os “trazos de disidencia, iconoclastia e modernidade” que perfilaron a obra da escritora, editora, docente e tradutora Xela Arias. La profesora Chus Nogueira repasou a traxectoria da autora homenaxeada. O Salón Nobre do Colexio de Fonseca foi o lugar no que a USC rendeu tributo este mércores 26 de maio a esta “muller transgresora e comprometida, insubmisa e desconforme, radicalmente independente e sobre todo esmagadoramente honesta”, en palabras do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás, quen interveu no acto para presentar o libro Xela Arias. A literatura e a vida, por elección, editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade e co que a USC afonda na figura de Xela Arias. Nesta liña, o reitor Antonio López salientou que esta é a achega da Universidade xa que a “A USC non podía faltar ao seu compromiso co Día das Letras Galegas”. A lectura de textos poéticos da homenaxeada por estudantes do Grao en Lingua e Literatura galegas da USC, nutriu un acto cuxo colofón correu a cargo do músico Fernando Abreu, grazas a un recital musical que contou con gravacións da voz de Xela Arias, recitando poemas de Intempériome e realizas polo propio Abreu. Este traballo acabaría converténdose nun dos últimos rexistros sonoros da autora.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Cidrás Escáneo, Francisco
Director do Departamento de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Nogueira Pereira, Mª Xesús
Profesora do Departamento de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Abreu, Fernando
Músico
VII Xornada Universitaria Galega...
Data Evento:
09/11/2021
[+]
Programa: Unha enxeñeira...
Data Evento:
08/11/2021
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
25/10/2021
[+]
Manexo de datos con Rcmdr
Data Evento:
21/10/2021
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license