• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  FALAMOS CON...
  •  »  T 1. FALAMOS CON... Celso Rodríguez Fernández (Capítulo 5)

T 1. FALAMOS CON... Celso Rodríguez Fernández (Capítulo 5)

Data de celebración: 01/03/2023
Visto: 724 veces

FALAMOS CON… é unha miniserie documental dedicada a persoas que pola súa implicación académica-docente, científica-investigadora, profesional, de xestión administrativa e servizos contribúen ao avance e modernización da Institución universitaria. Co testemuño dos protagonistas constrúese un retrato poliédrico do personaxe, a súa traxectoria vital e humana. Unha viaxe entrañable ás súas raíces, á orixe familiar, á infancia e escolarización, aos anos de mocidade e contexto da súa Formación Superior, a súa dedicación á Universidade e ao recoñecemento social. Celso Rodríguez Fernández é profesor titular da Área de Álxebra da Facultade de Matemáticas da USC desde 1984. Durante a súa traxectoria na Universidade de Santiago de Compostela, desempeñou diferentes cargos directivos: Decano da Facultade de Matemáticas, Vicerreitor de Estudantes e de Ordenación Académica e Titulacións, Director do Departamento de Álxebra e desde 2018 é o Delegado do Reitor en materia de Educación Secundaria. Polo seu traballo na Universidade Compostelá gustaríalle ser lembrado como "unha persoa honesta, dedicada a Universidade, que nunca buscou un beneficio persoal nin para os amigos".

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Rodríguez Fernández, Celso
Delegado do Reitor para asuntos de Ensino Medio, Universidade de Santiago de Compostela
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
18/04/2023
[+]
2022. Proyectos de investigación...
Data Evento:
27/02/2023
[+]
SEMINARIOS DA CATEDRA DE EMPRESA...
Data Evento:
21/03/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
16/03/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license