A Universidade de Santiago de Compostela recibiu este 23 de setembro de 2017 aos estudantes estranxeiros que cursarán aquí os seus estudos e que proceden de todas as partes do mundo. Cada ano a Universidade fortalécese coa chegada do alumnado estranxeiro grazas os distintos programas de movilidade nos que participa. Este curso académico 2017/2018 espérase a chegada de casi 900 estudantes procedentes de máis de 40 países para os programas de grao e máster ofertados pola USC. O 74% chegan a través do Programa Erasmus e Erasmus Mundo e o 26% restante a través de convenios bilaterales de intercambio con países como México, Brasil, Perú, Rusia, Xapón ou China entre outros moitos.