O reitor da USC, Juan Viaño Rey, é o encargado de abrir o acto cunha presentación breve do motivo desta reunión e dos persoeiros que o acompañan na mesa oficial deste.
O primeiro en falar no acto é o alumno David Montoto Pintos, quen como representante dos alumnos fai unha defensa do ensino público e da educación, e fai unha reflexión sobre que debe ser o ensino ante a sociedade e o individuo. Contextualiza a preparación do alumnado nun mundo en constante mudar.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais