Tras tomar sitio todos os membros da comitiva oficial do acto, o reitor fai chamar aos doutorandos e aos padriños de man do secretario xeral da universidade e dalle a venia para expoñer a súa lección doutoral ao primeiro doutorando, Enric Trillas. Giorgio Franceschetti fala sobre o elctromagnetismo dende a base, pero presta especial atención ás liñas de investigacións actuais e na súa relación coas novas tecnoloxías, especialmente as adicadas á comunicación. O padriño do primeiro doutorando, Francisco Ares Pena, fai unha exposición dos logros e méritos do primeiro protagonista da cerimonia, detalla a relación coa nosa universidade e as liñas investigadoras de máis relevancia nas que estivo e esta involucrado. A continuación celébrase a liturxia de doutoramento, feita en latín. Crispian Scully fai un repaso das liñas investigadoras máis relevantes e actuais das que é parte activa, fala sobre epidemioloxía e eetiopatoxenia do cancro oral, sobre infección víricas e sobre transmisión ocupacional dos procesos infecciosos. Pedro Diz Dios, padriño do segundo protagonista da velada, sinala as excelencias do doutorando, describíndoo como un visionario no seu campo, cunha producción de publicacións asombrosamente interesante e relevante para o seu campo profesional. A continuación celébrase a liturxia de doutoramento, feita en latín. O reitor da USC, Juan Viaño Rey, pecha o acto cun discurso de agradecemento e xúbilo por ter a estes novos membros entre os doutores honoríficos da universidade compostelana. O coro da universidade interpreta, como é tradición o Gaudeamus Igitur. Péchase o acto coa saída da comitiva oficial dirixida pola secretaria da USC.