A xornada, dirixida por Isabel Alonso Cuervo, comeza cunha presentación personalizada de cada un dos participantes. Inmediatamente a moderadora da xornada fai unha análise da realidade que podemos atopar no ámbito laboral e de emprendemento respecto das diferencias de xénero. Tamén sinala os problemas doutros colectivos sociais. A medida que avanza na exposición vai afondando nos mecanismos, estatísticas, e medidas dos que se pode facer uso para mellorar a entorna de traballo e emprendemento respecto da igualdade. No medio da exposición faise un exercicio, no que os asistentes traballan en grupo para resolver as problemáticas plantexadas; despois de vinte minutos de traballo grupal, faise a exposición. Na segunda parte da exposición de Isabel Alonso Cuervo, fai un repaso dos conceptos adquiridos na primeira parte da xornada e durante os exercicios prácticos.