Juan Casares Long, en calidade de reitor da USC, afronta un discurso marcado pola profunda crise económica e institucional que atravesa a universidade compostelá. Fala de confianza, de calidade da docencia, da actitude do profesorado e do alumnado. Non evita implicarse nunha discusión que hoxe está en boca de todos, unha discusión que debe levaarnos a conquerir unha mellor universidade e un mellor sistema educativo en xeral na nosa terra. Remata o acto coa saída da comitiva académica mentres soa o Gaudeamus Igitur.