O Reitor da USC, Darío Villanueva, inicia o seu discurso destacando a inauguración do novo edificio da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo, onde se está a celebrar dito acto, así como informando que o nome que recibirá a nova residencia de estudiantes de Lugo, é o do ilustre musicólogo Xesús Bal e Gay. Admite que en relación cos Campus e a propia Universidade temos máis motivos para a autoestima que para o autoodio, e añade que o diálogo é unha actitude constructiva que constitue un instrumento de traballo imprescindible. Remata o seu discurso facendo un breve percorrido histórico sobre a autonomía da Universidade destacando a flexibilidad que se lle da á mesma para cumprir a súa función da millor forma posible.