• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Programa ConCiencia 2023. David Alan Chipperfield
  •  »  Conferencia de David Alan Chipperfield. (Galego)

Conferencia de David Alan Chipperfield. (Galego)

Data de celebración: 08/11/2023
Visto: 440 veces

Nesta ocasión acudiu a Santiago Michael Stanley Whittingham da Universidade de Binghamton Premio Nobel de Química 2019 para presentar a súa conferencia: "Os desafíos que enfrontamos para abordar os fenómenos meteorolóxicos extremos globais". A súa investigación é un dos mellores exemplos de como un avance científico transformou e está a transformar a sociedade. O almacenamento de enerxía en baterías que se poidan recargar é un dos eixos nos que pivota o funcionamento da sociedade moderna. Nos anos 70 Whittingham deu un paso crucial cara á creación das actuais baterías que todos levamos nos nosos móbiles e outros dispositivos portátiles, e tamén as que se usan nos coches eléctricos. Conseguiu un innovador cátodo nunha batería de litio, feito de disulfuro de titanio, que a nivel molecular tiña espazos que podían acoller os ións do litio, a clave que permite as recargas. Iso abriu a porta aos posteriores traballos de John B. Goodenough e Akira Yoshino, que completaron o desenvolvemento das actuais baterías recargables de ión-litio e compartiron con Whittingham o Nobel de Química de 2019.John B. Goodenough tivo unha intensa relación docente e investigadora coa USC, na que foi investido Doutor Honoris Causa en 2002 a instancia da área de electromagnetismo do departamento de física aplicada.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Programa ConCiencia 2024. Klaus...
Data Evento:
12/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license