A conferencia do profesor José Manuel García Iglesias, primeira desta segunda xornada do ciclo, é presentada polo decano da facultade anfitroa, Juan Monterroso . Con moita brevedade e previamente, o presidente da R.S.E. A. P. introduce esta segunda xornada, Juan Bautisita de la Salle Barreiro Pérez. O primeiro conferenciante fai unha análise do propio paraninfo, estancia na que se desenvolven estas conferencias, sita no edificio da facultade de Xeografía e Historia. Fai un repaso lineal da historia do edificio e desta habitación en particular. Posteriormente describe os distintos elementos e as singularidades e significados que amosan.