O reitor Darío Villanueva Prieto comeza falando da adaptación como recurso esencial da universidade en relación ao paso do tempo. Fai loa das carreiras e personalidades exemplares dos premiados coa medalla Fonseca neste acto. A continuación fala de Castelao, da súa relación coa universidade, e para elo conta algunha anécdota deste. Tamén fala dos novos planes de estudios e de outras medidas tomadas durante este ano académico polo equipo reitoral. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.