O reitor da USC, Juan Casares Long, toma a palabra despois da actuación do coro da universidade. Tras dos agradecementos felicita ao conferenciante pola súa disertación, e congratúlase polo nomeamento de Jose maría Arias Mosquera como Presidente do Consello Social da USC. No contido esencial do seu discurso fala da insititución universitaria, das transformacións sofridas durante as últimas décadas e dos obxectivos actuais desta. Remata o acto coa saída da comitiva académica mentres soa o Gaudeamus Igitur.