Le o seu discurso o reitor da USC. Comeza Senén Barro facendo un guiño ó profesor Vicente Pérez Villar, do cal foi alumno vintecinco anos atrás. A organización ante os novos cambios da universidade é o punto forte do discurso do reitor da universidade compostelá. Ter unha visión positiva e constructiva, que favoreza a integración e evolución do nosos sistema universitario no mundo. Para exemplificar esas palabras recolle o testigo deixado polo profesor Perez Villar sobre a teoría Gaia. O espacio europeo toma gran relevancia neste senso e nel párase o reitor profundizando na súa necesidade e bonanzas.