Acompañada da Secretaria Xeral da USC, Inmaculada Cárdenas Serván achégase ao atril, dende onde verbaliza a súa lección maxistral chamada "A pedagoxía da creación musical (PCM) e o seu desenvolvemento no Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS). Unha pedagoxía de investigación e creación sonora con soportes nas músicas alternativas (electroacústica e arte sonora) e as súas aplicacións na escola". A parte teórica e académica da música é o campo no que esta profesora está especializada, e neste tema vai profundizando pouco a pouco. Mentres vai sinalando as súas experiencias profesionais, das viaxes que a levaron a diferentes puntos dende os que desenvolver o seu coñecemento, vai aportando algúns conceptos e ideas do que ela entende por investigación musical e dos métodos a plicar na pedagoxía musical. Fala de teóricos influíntes, de compañeiros que axudaron na súa formación, pon exemplos sonoros dos temas que vai desenvolvendo.