Comeza a súa conferencia o premio Nobel sinalando que ama as bacterias porque lle encanta aquelo que é simple, e as bacterias son organismos vivos máis sinxelos que existen. Continúa facendo un repaso á evolución dos organismos vivos e ao papel das bacterias neste entramado. A importancia da bacteria queda demostrada de man deste científico, que explica con tremenda claridade como son os métodos de traballo coas bacterias, dos logros acadados con estes traballos e das características especiais que a fan propia para determinadas investigacións. O mundo das bacterias queda perfectamente reflictido nunha descripción deste mundo tan particular.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Casares Long, Juan
Reitor da USC
Mira Pérez, Jorge
Director do Programa ConCiencia, Universidade de Santiago de Compostela
Carracedo Álvarez, Ángel
Profesor de Mediciña Xenómica da USC, Universidade de Santiago de Compostela