O ribosoma: unha máquina de ARN que sobreviviu á presión da evolución, pero está paralizada polos antibióticos

Data de celebración: 25/10/2010
Visto: 23963 veces
Conferencia de Ada Yonath

A científica israelí Ada Yonath comeza falando do Real Madrid, tratando de explicar unhas declaracións que fixera con anterioridade. Despois desta distendida xustificación comeza a falar do tema que realmente lle da título a súa conferencia. O inicio da conferencia pide perdón anticipadamente polas explicacións xerais sobre bioquímica coas que vai introducir as ideas das que ven a falar. A primeira referencia vai dirixida cara o mundo das proteínas, os seus tipos, funcións e á súa importancia nas súas investigacións. Paso a paso vai falando de distintos elementos básicos no mundo da bioquímica, das súas funcións e das interrelacións que lles corresponden. Ó longo da conferencia vai exemplificando gráficamente as súas explicacións con imaxes moi sinxelas de entender. O seguinte paso é explicar que é o ADN e así o fai, determinando ós seus principais cometidos e como os realiza. Aparece por primeira vez o ribosoma, como elemento propio do ADN, e explícase a súa función como intérprete da información da cadena xenética e no enlace de cadenas de aminoácidos. Mediante un video dunha representación 3D apoia a súa explicación do traballo dos ribosomas e das proteínas. Inmediatamente pasa a explicar á estructura dun ribosoma; ARN-ribosómico, proteínas,... Cambia de rexistro momentaneamente e comeza a falar das vidas de personaxes históricos como Mozart, Orwell, Kafka...e a relación das súas mortes tempranas por algún tipo de infección. A partir de 1954, un pouco despois da morte da última destas famosas personaxes aparecen os antibióticos; Ada inicia así unha explicación da utilidade, da procedencia e das funcións destes medicamentos. A resistencia adquirida ós antibióticos é unha das mais grandes problemáticas de hoxe en día, e son as compañías farmaceúticas as que teñen na súa man poder solucionar esto. Volve a falar do ribosoma e da súa estructura para amosar unha parte deste elemento que podería ser a esencia prebiótica, o cal, de confirmarse, sería un paso enorme na comprensión da creación e da evolución da vida. A cristalografía resulta básica no traballo da científica israelí; a difracción é un dos métodos usados polo seu equipo para poder chegar a analizar elementos tan pequenos. As estructuras dos cristales entre os elementos orgánicos son o seguinte paso a explicar. Aquí está o punto chave do descubrimento de Ada Yonath, xa que foi pioneira no intento de cristalizar os ribosomas. Moitos compañeiros lle dicían que non era posible e que o seu traballo era en balde. Finalmente, tras moitos impedimentos e descubrimentos, como explica nesta parte da súa conferencia, acadou o seu obxectivo. Dentro desta parte da conferencia aproveita para agradecerlle a todalas institucións e personas que colaboraron ou tiveron participación no camiño deste descubrimento. O final da conferencia fai mención á importancia da familia e amosa unha caricatura de si mesma ademais de fotos de familiares e amigos.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Yonath, Ada
Premio Nobel de Química 2009
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license