Retoma a palabra o reitor para louvar a actitude profesional e académica do profesor Vila Jato. Sinala o duradeiro da carreira docente do protagonista, que percorreu un longo camiño de 44 anos. Repasa os campos nos que o premiado destacou e supuxo un pulo importante no campo investigador e docente. Continúa contando unha conversa entre el e o profesor Vila Jato a modo de anécdota e para lembrar a capacidade de sacrificio dos profesionais que asumen as súas responsabilidades. Posteriormente fai acto de imposicón da medalla pedíndolle o premiado que se achegue ata a mesa presidencial.