• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Homenaxe o profesor Gonzalo Anaya Santos.
  •  »  Homenaxe o profesor Gonzalo Anaya Santos.

Homenaxe o profesor Gonzalo Anaya Santos.

Data de celebración: 25/11/2008
Visto: 4893 veces

A presentación do acto consiste nunha presentación videográfica en formato de entrevista, na que o homenaxeado nos ofrece unhas pinceladas da súa personalidade. A continuación o reitor da USC fai a presentación formal do acto. O primeiro en falar sobre o homenaxeado é o vicerreitor da USC, Elías Torres Feijó. Na primeira parte do seu discurso fai agradecemento e mención a todalas personas que participaron e apoiaron a decisión de realizar esta homenaxe. Relata algunhas das actividades e logros acadados polo homenaxeado no ámbito da nosa universidade e tamén da nosa cidade, como é o caso dun cineclube de certa popularidade nos tempos que Gobnzalo Anaya Santos andivo traballando por Compostela. Os valores cívicos e académicos son ensalzados como a chave para entender a personalidade do profesor homenaxeado. Jaume Martínez Bonafé, profesor da Universitat de Valencia, cun tono emocionado, fai un repaso da visión que dende a institución valenciana e as personas que a integran teñen. O seu carácter loitador e revolucionario, a súa forte posición republicana, o seu modo de entender a sociedade e a educación como engranaxe fundamental deste sistema. O amor e a solidaridade son dúas verbas que relacionan a Gonzalo Anaya e á edución. Relata todalas homenaxes levadas a cabo para ensalzar a figura de Anaya Santos; medallas, actos, nomeamentos... todos eles merecidos e posiblemente escasos en verbas de Jaume Martínez Bonafé. O seguinte en tomar a palabra é Xesús Alonso Montero, profesor xubilado da USC. Fai un repaso dos distintos tempos históricos nos que Gonzalo Anaya Santos desenvolveu a súa actividade profesional. Sinala así, a diferencia do Gonzalo Anaya de Compostela e o Gonzalo Anaya de Valencia; aquí, na capital de Galicia, era un home que falaba en voz baixa, disidente das autoridades, e o profesor de voz elevada e resonancia que traballou e loitou en Valencia. A continuación relata o seu encontro personal con Gonzalo Anaya Santos, da amizade, da labor profesional conxunta e das experiencias vividas codo con codo. A partir de aquí desenvolve unha serie de relatos que nos levan a profundizar na personalidade profesional e vital de Gonzalo Anaya Santos e do propio orador. Antón Costa Rico, profesor de pedagoxía e historia da educación da nosa universidade, fala, sen telo coñecido, da figura de Gonzalo Anaya, dos seus escritos, e da influencia que tivo sobre todos aqueles, tiveran contacto con el ou non, que dentro da súa xeración decidiron orientar a súa vida acedémica e profesional cara á investigación e maestría no campo da educación. A seguinte en falar de Gonzalo Anaya é Blanca Caamaño, da Universidade de Vigo, que foi alumna durante a renovación pedagóxica levada a cabo gracias a entre outros Gonzalo Anaya Santos. A época inicial da democracia foi crucial para transformar o noso sistema educativo e as nosas bases pedagóxicas. Destaca da súa personalidade a capacidade para compartir e razoar os seus coñecementos, explicalos e debatilos. Aurora Marco comeza cuns versos en homenaxe de Anaya Santos. Percorre tres momentos da súa vida en relación ao profesor, recordando como deixou na súa persona unha pegada imborrable. Ademáis fai un retrato nítido da educación deses tempos que califica de oscuros, sobretodo en canto á programación didáctica dalgunhas clases. O reitor da Universitat de Valencia, Francisco Tomás i Vert, cun discurso templado fai referencia á dedicación de Gonzalo Anaya Santos, o legado que ten deixado tras de sí, o referente que supuxo para moitos docentes e investigadores non só de Valencia e Santiago. Relata tamén parte das actividades paralelas que levou a cabo, reflectindo a inquedanza constante coa que se moveu na súa vida. Na parte final fai un repaso cronolóxico dos seus pasos como profesional, destacando os momentos máis relevantes. O escritor Ezequiel Méndez Vidal, fai unha presentación do seu libro homenaxe a Gonzalo Anaya Santos, titulado "La esencia del cine. Teoría de las estructuras". Dentro da súa disertación fai un repaso a paixón do homenaxeado polo cine e sobre a actividade a través do cineclube. O coro universitario interpreta unhas pezas en homenaxe a Gonzalo Anaya Santos. Entrega da insignia de ouro da universidade a título póstumo a Gonzalo Anaya, que recolle o seu fillo, tamén chamado Gonzalo. Despois fai unha pequena declaración de agradecemento en nome da súa familia e da memoria do seu pai. O coro interpreta o Gaudeamus Igitur tras unhas breves verbas de Senén Barro Ameneiro, coas que se pecha este acto.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Senén Barro Ameneiro
Reitor da USC 2002-2010
Torres Feijó, Elías
Vicerreitor de cultura da USC
Martínez Bonafé, Jaume
Prefesor de Didáctica e organización escolar da Universitat de Valencia
Alonso Montero, Xesús
Sociolingúista
Costa Rico, Antón
Profesor de Teoría da educación, historia da educación e pedagoxía social da USC
Caamaño, Blanca
Profesora da Universidade de Vigo
Marco López, Aurora
Profesora de Didáctica da USC
Tomás i Vert, Francisco
Reitor da Universitat de Valencia
Anaya García, Gonzalo
Fillo de Gonzalo Anaya Santos
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license