Querida Lady Windermere, é vostede a envidia de todas. Ten un home marabilloso, un fillo precioso, unha casa grande e fermosa. Os seus vestidos son os máis elegantes. Todas sabemos que é vostede a máis recta das mulleres. A súa vida é perfecta. Perfecta? Que diría se soubese que o seu home frecuenta compañías nada aceptables? Que paga o aluguer e os vicios de certa muller de mala sona? Acaso pensaba que o seu home ía ser diferente de todos os homes? Vostede que o ve todo en branco e negro, poderá perdoar o pecado e a culpa, os erros pasados, a condición de ser humano?