Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, define á universidade como berce do coñecemento e como un oasis en épocas de crise. A unidade entre as distintas institucións e a cooperacón son esenciais para o futuro, e por iso o debate é unha ferramenta que, ben aplicada, pode ser moi eficaz. Agradece a Senén Barro Ameneiro os seus oito anos de traballo, e adícalle un discurso de esperanza ao reitor entrante polo seu pasado familiar e pola súa personalidade profesional e persoal. Permítese unha breve licenza que levanta as risas entre os asistentes.