A finais do século XIX Oscar Wilde namorouse de Alfred Douglas, Bosie, fillo menor do marqués de Quennberry. O mozo ambicioso e con ansia por facerse un nome no panorama literario inglés, aproveitouse de Wilde e da admiración que este lle profesaba dilapidando os seus cartos e botando lixo sobre o su nome incluso despois de morto. A súa relación foi tortuosa e chea de disputas e reconciliacións pero peor foron as cousas cando entrou en xogo o pai do mozo, o marqués, quen procurou un menosprezo público de Wilde e contra o que o poeta presentou demanda xudicial instigado polo propio fillo do nobre. Perdido o xuízo, Wilde foi detido en 1895 acusado de asociación ilícita e tras dous procesos rematou no cárcere cunha condena de dous anos de traballos forzados e unha pesada lousa de repulsa social sobre o seu nome. Atopándose no cárcere, óscar Wilde cruzou a súa mirada con Charles Woolridge, membro da Real Garda Montada que fora apreixado e condenado a morte por matar á súa muller. Da visión deste home e as súas propias sensación nace o xerme que dará lugar á obra "A badalada do Cárcere de Reading" un dos primeiros grandes cantos da literatura contra a pena de morte. Aquel poeta que escribía versos e liñas á beleza, ó hedonismo e ó goce sensorial, artella agora unha maquinaria truculenta que xira en torno á dor, á inxustiza, á impotencia ou á hipocresía social. Unha maquinaria sobre a que nace esta peza. A historia quizais non fose como aquí se presenta, e os personaxes quizais tivesen outra vida distinta da relatada pero, a fin de contas... é teatro.