Esta segunda edición desenvolverase nun momento no que a Intelixencia Artificial tivo un gran impacto en todos os ámbitos da sociedade e da economía. A IA é unha ferramenta catalítica dos distintos procesos e tecnoloxías que conforman unha economía dixital que traerá grandes beneficios para a humanidade, pero que tamén pode provocar grandes desigualdades entre as persoas e na sociedade. Os que organizamos este Congreso levamos anos traballando nos aspectos xurídicos e económicos da dobre transformación dixital e verde, por iso cremos que é necesario debater ata que punto a IA pode afectar á capacidade do Estado de Dereito para ofrecer respostas eficaces e oportunas a retos disruptivos.e eventos vertixinosos que están a transformar a economía e a sociedade.