• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Simposio ILG 2021. 50 Aniversario
  •  »  Sesión 4. Ricardo Pichel. 21 de outubro

Sesión 4. Ricardo Pichel. 21 de outubro

Data de celebración: 21/10/2021
Visto: 2032 veces
Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González

A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971. Por tal motivo e de forma excepcional, como pide a ocasión, ten carácter conmemorativo antes que temático e a el súmase a vontade do ILG de homenaxear nesta ocasión tan especial a tres dos seus máis insignes investigadores, que comezaron a súa andaina na institución nesa década fundacional e que continúan plenamente activos na actualidade: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O criterio dunha liña temática concreta susbtituíuse desta vez polo dunha composición propositada do programa de conferenciantes no que acompañan aos homenaxeados, como núcleo do evento, unha representación dos investigadores novos do ILG, investigadores destacados das tres universidades galegas e investigadores estranxeiros de longa traxectoria de colaboración co Instituto da Lingua Galega

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Pichel, Ricardo
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Alcalá
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license