Dende varios puntos da xeografía latinoamericana profesionais do dereito internacional fan unha radiografía da situación do seu país respecto de España en canto a posibles relacións coas nosas empresas e das normativas vixentes que se aplican na internacionalización nos seus respectivos países ou áreas xeográficas. Brasil (Gustavo Henrique Vasconcelos Ventura), Chile (Christian Blanche Reyes), Colombia (Juan Pablo Godoy Fajardo), México (Manuel E. Tron), Panamá (Ernesto B. Arias) e Perú (Jorge Bravo Cucci) son os responsables dende o outro lado do Océano Atlántico. Xornada organizada pola Rede Empresa e Administración.