En representación das institucións docentes de ensino medio galegas fala o director do IES Río Miño de Rábade, Ángel Lage García, fai un agradecemento inicial pola invitación a falar aquí. Felicita a todos os que hoxe son homenaxeados pola súa labor académica. Fai un repaso dos atrancos institucionais e políticos que constantemente sofren no seu desenvolvemento os implicados no proceso educacional e ademais fai un pequeno chamamento para buscar unha solución a algún dos problemas máis esenciais que hoxe en día ten o noso ensino medio.