Tras unha breve situación do perfil profesional do protagonista por parte de Loreto Fernández comeza a ponencia. Santiago Álvarez de Mon, profesor do IESE, fala do factor humano no ámbito empresarial actual, das transformacións requeridas para mellorar o rendemento do noso proxecto dentro do mercado. O primeiro paso da súa charla fala da forma de ser dentro da empresa e na vida por extensión, do liderazgo e a calidade das relacións personais dentro dunha empresa e no mercado. Ao final fórmase un debate coas preguntas tanto para Santiago Álvarez como para Enrique Dans, que interviñera con anterioridade.