Vicente Docasar Docasar, profesor de ensino medio, é o encargado de representar a este colectivo neste acto. Tras os breves agradecementos, adicalle palabras de alento para continuar con esta liña de traballo tanto ós alumnos como aos pais ou titores destes. Aos gobernantes failles unha crítica constructiva con respecto das decisións que toman; critica os constantes cambios nas estructuras educativas, e na falta de fondos de financiamento para o ámbito educativo. Por último fala do papel do profesorado, do apoio que require un traballo como o seu por parte de todos os factores implicados no sistema educativo.