• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doctores Honoris Causa D. Francesco Tonucci e Dna. Claire Chenu
  •  »  Apertura do Acto e Investidura de D. Francesco Tonucci

Apertura do Acto e Investidura de D. Francesco Tonucci

Data de celebración: 03/05/2024
Visto: 342 veces

Nun discurso que abriu en galego e no que tamén empregou o francés e o castelán, Tonucci afirmou que o obxectivo do sistema educativo debería ser axudar as nenas e os nenos “a desenvolver a súa personalidade ao máximo”, para o cal “é necesario escoitalos” e permitirlles “vivir libremente”, e nese sentido puxo de relevo a importancia de dedicarlle tempo ao xogo en liberdade e reducir o tempo de emprego das pantallas entre as rapazas e rapaces de menor idade -televisión, móbiles...-, que favorecen o illamento do mundo real para refuxiarse nun mundo virtual. Recoñecido mestre e pedagogo italiano, en 1966 comezou a traballar como investigador no Instituto de Psicoloxía do Consiglio Nazionale delle Ricerche (Roma) abordando, entre outros, a relación entre o desenvolvemento cognitivo e os métodos de ensino, o nacemento da lectura e a escritura, o desenvolvemento da linguaxe gráfica, a formación do profesorado ou a educación e divulgación científica na infancia. Desde 1968, baixo o pseudónimo de Frato, debuxa viñetas e cómics satíricos que acompañan a súa actividade investigadora. De 1992 a 1998 foi responsable de importantes proxectos de investigación en Italia e desde 1991 é responsable do proxecto internacional ‘A cidade das nenas e dos nenos’ que propón un cambio da cidade cara ao desenvolvemento sostible, tomando como parámetro a infancia; hoxe o proxecto está presente en máis de 200 cidades de 15 países de Europa e América Latina. Obtivo numerosos recoñecementos, entre eles o de profesor honoris causa da Pontificia Universidade Católica do Perú, doutoramentos honoris causa polas Universidades de Santa Fe, La Plata e Universidade Católica de Córdoba (Arxentina) e de Lleida e Oviedo en España. Os seus libros constitúen referencia obrigada no ámbito da pedagoxía. A profesora Belén Caballo, madriña do profesor Tonucci, lembrou que “sempre estivo á vangarda da renovación pedagóxica, xerando coñecemento cunha mirada analítica, crítica e comprometida coa transformación social” e que pode ser considerado precursor en moitos ámbitos, e o compromiso coa transferencia social do coñecemento. súa visión da infancia, a súa visión ampla da educación e o seu compromiso coa transferencia social do coñecemento. A súa conexión con Galicia iníciase en 1988 e desde aquela colaborou con diferentes municipios, movementos de renovación pedagóxica, asociacións de nais e pais e Facultades de Educación, entre elas a da USC.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Tonucci, Francesco
Pedagogo e Investigador do Instituto de Psicoloxía do Consello Nacional de Investigacións (CNR) de Roma
Cabalo Villar, María Belén
Profesora titular do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Universidade de Santiago de Compostela
Mesas de análisis do...
Data Evento:
24/09/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Programa ConCiencia 2024. Klaus...
Data Evento:
12/09/2024
[+]
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
22/05/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
21/04/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license