• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doctores Honoris Causa D. Francesco Tonucci e Dna. Claire Chenu
  •  »  Investidura de Dna. Claire Chenu

Investidura de Dna. Claire Chenu

Data de celebración: 03/05/2024
Visto: 380 veces

A nova doutora honoris causa abriu o seu discurso lembrando que un 95% dos alimentos que consumimos proceden dos solos e que a metade das especies animais viven directamente sobre o solo, de aí a importancia que ten a súa conservación para o mantemento das condicións idóneas no ecosistema planetario, pois entre outras funcións reciben a auga da chuvia que filtran ou manteñen, sendo unha parte fundamental do ciclo da auga. Chenu é na actualidade directora de investigación do Instituto Nacional de Investigación para a Agricultura, a Alimentación e o Medioambiente de Francia (INRAE), sendo recoñecida internacionalmente polas súas contribucións metodolóxicas e conceptuais á comprensión das complexas interaccións entre os organismos vivos e os compoñentes orgánicos e minerais do solo. Comezou estudando os fenómenos de agregación do solo de orixe biolóxica, obtendo o doutoramento pola Universidade de Paris VII en 1985. Profundou nesta liña mediante técnicas daquela moi innovadoras, como a microscopía electrónica de transmisión e varrido, e a bioxeoquímica de isótopos. Dende entón, a súa traxectoria caracterízase por un enfoque multidisciplinar para investigar a dinámica da materia orgánica do solo, a súa interacción coa materia mineral e a microbiota edáfica, a persistencia por diversos mecanismos de protección, e o seu papel nas diversas funcións e servizos ecosistémicos do solo. A profesora María Teresa Barral subliñou que “o seu interese por transferir o coñecemento á sociedade e promover un desenvolvemento sostible dos solos levouna a asumir responsabilidades en grandes consorcios de investigación e a participar en iniciativas en materia de política científica” e “os seus estudos son de grande interese para Galicia, que acumula nos seus solos a maior reserva de carbono orgánico da península. Aquí, as propiedades dos solos están moi condicionadas polo seu contido en materia orgánica, máis elevado do que o clima permite predicir, debido precisamente a súa interacción cos compoñentes minerais, nomeadamente, con diversas formas de aluminio, que inhiben a súa descomposición polos microorganismos. A doutoranda mantén, ademais, relación coa Universidade de Santiago dende hai anos, impartindo conferencias e acollendo no seu laboratorio a investigadores postdoutorais egresados da nosa institución, agora profesores no sistema universitario de Galicia”.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Chenu, Claire
Directora de investigación do Instituto Nacional de Investigación para a Agricultura, a Alimentación e o Medioambiente de Francia (INRAE)
Barral Silva, María Teresa del Carmen
Catedrática do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license