Acto de entrega da Insignia de Ouro da USC ao Profesor Doutor D. Ramón J. Méndez Pampín
Data de celebración: 01/07/2022
Visto:
1419
veces
O profesor emérito da USC, Ramón J. Méndez Pampín, foi homenaxeado, nun emotivo acto presidido polo reitor Antonio López, que serviu de escenario para impoñerlle a Insignia de Ouro da USC “pola súa relevante traxectoria docente e investigadora nos ámbitos da Enxeñaría Química e da Biotecnoloxía Ambiental”. Así o establece a resolución reitoral da concesión, á que deu lectura a secretaria xeral, Dulce Gracía Mella, no transcurso dunha sesión que se desenvolveu no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
Antonio López puxo en valor a longa traxectoria do homenaxeado, historia viva dos estudos de Química na USC que están a vivir a celebración do seu centenario, e agradeceulle a súa implicación coa institución. O reitor subliñou a súa capacidade de xuntar e liderar persoas para facer equipo e afirmou que para el supuxo unha grande honra entregar este recoñecemento.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor Mgfco. da Universidade de Santiago de Compostela
Mosquera Corral, Anuska
Profesora do Departamento de Enxeñaría Química, Universidade de Santiago de Compostela
Arce Arce, Alberto
Profesor ETSE, Universidade de Santiago de Compostela
Arcos Añon, Rosa Mª
Técnico de Xestión, Universidade de Santiago de Compostela
Almuiña, Roberto
Melo, Luis
Universidade de Porto
Feijoo Costa, Gumersindo
Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Universidade de Santiago de Compostela
Lema Rodicio, Juan M.
Presidente da Real Academia Galega de Ciencias
García Mella, Dulce Mª
Secretaria Xeral, USC
Méndez Pampín, Ramón
Profesor ETSE, Universidade de Santiago de Compostela