José Eduardo Varela Bravo, da Universidade de Vigo, fai unha análise sobre as bondades do uso de tiras cómicas no ensino dun idioma. Consegue reforzar de xeito notorio os conceptos teóricos, a expresión e vocabulario e ten a vantaxe de resultar atractivo para os estudantes, un reclamo para achegalos á literatura e á cultura. Ai Chun Yen ensina através de Shakespeare a linguaxe figurativa e a contextualización das distintas situacións á hora de falar en inglés.