Máximo Pló Casasús, en representación do colectivo docente homenaxeado, e tras uns agradecementos obrigados, sinala primeiramente a satisfacción de ter traballado estes anos nun ambiente estimulante para a docencia e a investigación. Fala de sentimentos enfrontados cando se vota a vista cara atrás e faise balance comparativo sobre o acadado neste tempo na institución. Para facer reflexión sobre os males actuais da institución repasa os seus tempos nos que ostentou cargos de responsabilidade política na universidade.