A meta de este curso é presentar unha construcción de (super)álxebras de Lie asociadas a unha variedade espín ou un fondo supersimétrico de supergravedade. Para chegar a esa meta faremos un breve resumen de álxebras de Clifford e variedades espín, estudiaremos as ecuacións naturais que poden satisfacer os campos espinoriais e investigaremos a xeometría de variedades que admiten solucións non triviais a esas ecuacións.