Tras a presentación da mesa por parte de Lois Lima toma a palabra o profesor Ruano Raviña quen en nome do Comité Científico agradece a presencia de todos e que o deseño do itinerario científico guste a todos. Xurxo Hervada Vidal agradece ás institucións o seu apoio á hora de organizar este congreso. Henrique Barros fai os agradecementos dende a sección portuguesa convidada neste congreso. Ildefonso Hernández, dende o bando español fai unha benvida a todos os asistentes, facendoo tanto en castellano como en portugués. Agradece a hospitalidade e a boa acollida. Esteve Fernández y Muños se congratula da asistencia e a coxugación de tantas sociedades implicadas na saúde pública para sacar o mellor dos traballos de todos nestes poucos días de reunión.. O decano da facultade de Medicina da USC, Juan Jesús Gestal, da a benvida a todos os asistentes e amosa o seu entusiasmo por estes días de congreso. Lois Lima sinala o pracer de presidir este congreso e este acto inaugural. Fai un pequeno relato histórico para sinalar a importancia do rol dos aquí presentes para a sociedade internacional. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Rocía Mosquera, fai unha intervención tras uns agradecementos obrigados, na que fai un repaso á difícil situación actual e enmarca o traballo dos profesionais aquí presentes nunha ferramenta básica para poder sair dela.