Alfonso Rodríguez fala sobre a relación das iniciativas de I+D e o financiamento. Comeza falando dos terminos teóricos xerais do funcionamento no financiamento dunha empresa para inmediatamente pasar a falar do caso especial destas novas iniciativas nas que hai que arriscar o diñeiro. Define os términos valor e precio para aclarar os conceptos imprescindibles á hora de valorar a rendibilidade e proxección dunha nova iniciativa de mercado. Apoiándose en gráficas fai unha análise da valoración presente e futura dunha iniciativa empresarial, da comparativa entre valor e risco á hora de facer unha inversión.