O primeiro en intervir é Victor Valcárcel, que fai unha presentación de Neoker. A investigación que levaron a cabo deu como resultado un novo material cerámico: fibras monocristalinas de alumina. Prodúcese unha dicotomía neste punto, posto que é un material tan novedoso que todavía non se sabe utilizar na práctica, aínda que en teoría os seus usos serán moi variados e rendibles. Explica a historia e actualidade desta iniciativa. Fala dos procesos que levan a cabo para unha internacionalización mediante o financiamento. Santiago Domínguez Vivero fala da empresa MestreLab Research, e da súa experiencia dende que xurdiu como spin-off da USC. Productos tecnolóxicos orientados a industrias como farmacia, agrícola, alimentación, petroleo...Fala da internacionalización como un proceso natural, non forzado. Un mercado tan competitivo e de constante evolución como o dos software de ocio para móbiles e plataformas de videoxogos, o deseño de xogos e películas de animación é o nicho internacional no que traballan Moonbite Games, e Carlos relata dun modo informal a experiencia cos seus atrancos e os seus éxitos. Como conseguiron proxectos, como aproveitaron os recursos locales para facerse unha proxección internacional. Ao final da conferencia realizanse unha serie de preguntas aos tres protagonistas.