• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  XVIII Congreso CEHA.
  •  »  O rei sana. Enfermos, milagres e taumaturxia nas cortes europeas dende a antigüidade ao Renacemento.

O rei sana. Enfermos, milagres e taumaturxia nas cortes europeas dende a antigüidade ao Renacemento.

Data de celebración: 21/09/2010
Visto: 4897 veces

Na presentación do acto Manuel Núñez fala sobre a vida profesional do conferenciante. Comeza sinalando a súa amizade co protagonista e de como esto dificulta o feito de facer unha radiografía da traxectoria profesional do seu colega. Faino con detalle e mimo nas verbas escollidas. Victor Mínguez Cornelles fala sobre uns rituais máxicos, sagrados que se viñeron levando a cabo para a sanación durante distintas etapas da historia da humanidade. Na entorna da corte española estes elementos de sanación máxica tivo unha presencia moi importante. Os monarcaas eran sinalados como poseedores dunha capacidade sobrenatural para sanar os males do povo, reises taumaturgos. En España desnvolveuse de modo distinto a outros reinos como Inglaterra ou Francia; basando as súas argumentacións en cuadros, textos e outras representacións artísitcas, sinala algúns casos concretos no devir da historia do territorio hispánico. Dúas fontes esenciais son Tacito e Suetonio que describen un episodio sobre o emperador Vespasiano no que exerce este poder taumatúrxico. Santa Isable de Hungría, Fernando III, son moitos os monarcas que foron marcados por este "toque" divino. Ademáis dos casos hispanos tamén fai un repaso das caracterísitcas ceremoniais nos outros reinos. Ao finalizar a exposición os asistentes comezan un breve diálogo sobre os conceptos aportados polo conferenciante.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Núñez Rodríguez, Manuel
Profesor de Historia da Arte da USC
Mínguez Cornelles, Victor
Profesor de Historia da Arte da Universitat Jaume I
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license