Velaí o lapis a rexistralo todo: debuxa ideas, explora as superficies, atopa mensaxes, soluciona dúbidas. O lapis corre, come os papeis, os cadernos, os panos da mesa, os billetes de tren e, coma Miró, as bolsiñas de azucre das cafetarías. A miña mesa vaise enchendo de ideas, debuxos, cachiños e anacos, pinceis, cor... un barullo. É unha catarse: un crisol onde se funde todo. Ao final, eis la ilustración.