<elena <odriozola descubriunos a importancia dos detalles no proceso da creación, eses elementos sutís que nos permiten non só ler unha ilustración, senón que ela nos lea tamén a nos. Coido que só me decato do significado dunha ilustración miña unha vez que foi feita, ou porque alguén mo comenta. Eu estou convencida de que se te deixas levar e tes confianza no que estás a facer o traballo sae ben.