A secretaria da USC, Isabel García-Rodeja lee a resolución reitoral pola que se concede a insignia de Ouro ó presidente do Grupo Aresa, a Álvaro Rodríguez Eiras. O Grupo Aresa é unha empresa vinculada dende hai case unha década á USC, coa que organiza conxuntamente todos os anos o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. De seguido o Reitor da USC, Senén Barro, fai entrega desta Insignia ao presidente de Aresa.