Sobre imaxes dos laboratorios encargados de levar este tipo de probas na universidade a voz en off vai describindo primeiro os tipos de análises existentes e o proceso de traballo con elas. Dende a chegada por medio dunha empresa de mensaxería, a comprobación de que as mostras recibidas son as correctas, a súa inscripción e identificación nos rexistros do centro, os tipos de solicitude de análise ata o resultado final. Todo é descrito con certo grao de profundidade, para que todo o proceso quede claro e sexa sinxelo de seguir polo espectador. Ó final saen os títulos de crédito onde aparecen todolos colaboradores do centro de análise e do equipo audiovisual responsable da gravación. Algúns procesos curiosos, como a análise de cabelo descrébese con especial detalle para facer máis atractivo e sinxelo de comprender o proceso levado a cabo.