Toma a palabra o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, para pechar o acto co seu discurso. Comeza falando do seu pasado como estudiante universitario, etapa que iniciou na Universidade de Santiago de Compostela. Remóntase a tempos pasados tamén, para rememorar a importancia dunha institución como a universitaria para o desenvolvemento humano. Nomea algunhas personaxes de ámbito internacional e local para reseñar o seu sentir sobre o mundo da cultura e da ciencia entorno do proceso educador. Felicita o reitor saínte e congratúlase da nova elección reitoral, falando dos seus méritos. Tamén fai mención ó momento actual que vive a comunidade universitaria, da súa transformación e dos retos futuros.