• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Imposición da Medalla de Mecenas da USC á Fundación Barrié de la Maza
  •  »  Imposición da Medalla de Mecenas e discurso de agradecemento.

Imposición da Medalla de Mecenas e discurso de agradecemento.

Data de celebración: 16/12/2009
Visto: 3551 veces

O Reitor da USC entrega ó presidente da Fundación Barrié a Medalla Mecenas e o pergamino acreditativo. Na aceptación da Medalla, o presidente da Fundación e do Banco Pastor comezou destacando a educación como valor para a construción e o avance dunha sociedade, convencido de que a mellora na educación é a condición necesaria para supera-las desigualdades e conseguir prosperidade. Unha reflexión arredor da competitividade, a responsabilidade e o liderado, foron os eixes que centraron o discurso de José Mª Arias. Neste senso, aqueles países que eduquen mellor serán os que nos superarán en competitividade no futuro máis inmediato, e nesta liña, tanto a Fundación como a USC comparten unha gran responsabilidade e un gran reto. Arias Mosquera considera que non se deben de escatimar esforzos de cara ó cumprimento das obrigas, e engade que o desenvolvemento do talento é unha responsabilidade de todos, polo que reclama un exercicio de responsabilidade individual na procura da excelencia, apelando á responsabilidade de cada individuo consigo mesmo polo convencemento de que é a educación a que confire criterio e liberdade ás persoas. A intervención do presidente da Fundación remata cunha mención e recordo á memoria de Carmela Arias, de quen suliñou que o seu exemplo guiará a traxectoria ante os novos retos que ten a Fundación por diante.

Productora: SERVIMAV
Senén Barro Ameneiro
Reitor da USC 2002-2010
Arias Mosquera, José María
Presidente da Fundación Barrié de la Maza
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
11/09/2017
[+]
Programa ConCiencia 2017. Serge...
Data Evento:
19/07/2017
[+]
La Universidad Responde.
Data Evento:
09/06/2017
[+]
Mellores expedientes 2017.
Data Evento:
03/07/2017
[+]
La Universidad Responde.
Data Evento:
03/05/2017
[+]
La Universidad Responde.
Data Evento:
09/05/2017
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license